jueves, 1 de diciembre de 2016

Reportaxe escrita coa documentación xeográfica

FACEMOS COUSAS QUE NINGÚEN MÁIS FAI

IMG_6816.JPGO encantador e amable Nicolás Soler propietario da empresa que visitamos, recibíunos o día 22 de Novembro na súa empresa Anclajes Marcelino para poder coñecer un pouco máis esta empresa e que nos explicase o verdadeiro funcionamento e utilidade do que fan.

Anclajes Marcelino, é unha empresa dedicada a facer proxectos que ninguén máis fai. Con isto referímonos a que, no entorno da construción, onde eles traballan, en concreto na seguridade desta fan proxectos coa fin de mellorar os métodos de seguridade e ademais e unha empresa innovadora xa que moitos dos proxectos que realizan non os realiza outra empresa pertencente a este sector.

É unha empresa pequena, micro-pimer(que é menos que unha empresa pequena), de carácter nacional e dicir que traballan no ámbito nacional, en España.

Dispón dun equipo formado de 4 traballadores de larga traxectoria no campo da prevención, do deseño e da fabricación de dispositivos de seguridade a súa medida con contratos indefinidos e estables.

Esta empresa dispón dun capital privado, o diñeiro, e pertence ao sector secundario (industria manufacturera) e ao subsector da construcción xa que, ofrece bens á seguridade das persoas como xa dixemos antes.

Esta empresa realiza as súas ventas en todo o territorio nacional aínda que están a facer unha incursión no estranxeiro en países como poden ser Polonia, Chile… Nicolás afirma que está deseando traballar máis veces no estranxeiro xa que quere que a súa empresa se expanda.

Anclajes Marcelino desenvolve as actividades económicas relacionadas coa fabricación na Provincia de Pontevedra e como factor productivo dispón do capital e así poder pagar aos provedores que lle suministran materiais para realizar os seus productos para despois vendelos.

Debido a que é unha empresa pequena dirixe as súas ventas ao mercado nacional, aínda que algúns productos están xa dirixidos ao internacional. Para incrementar as súas ventas utilizan métodos como a presenza nas redes sociais, a asistencia a feiras sectoriais,a publicidade impresa e un pouco de merchandising que consiste en establecer correcións ou novos desarrollos a un produto, unha vez que se atopa no mercado.

É unha empresa que non afecta ao medio ambiente polo feito de que o seu modelo de produción favorece ao desenvolvemento sustentable sin comprometer a capacidade de futuras xeracións. Esta empresa afecta a políticas nacionais. É unha empresa autónoma non ten ningunha relación con outras organizacións empresariais como dixo Nicolás van un pouco por libre. Os seus factores de localización son os factores humanos: man de obra.


IMG_6792.JPG
Este é o logo da empresa,
Anclajes Marcelino Documento Xeográfico das zonas onde Anclajes Marcelino a
traballado algunha vez.

O libro de texto e os documentos que nos facilitou a empresa