jueves, 1 de diciembre de 2016

Reportaxe escrita coa documentación xeográfica

FACEMOS COUSAS QUE NINGÚEN MÁIS FAI

IMG_6816.JPGO encantador e amable Nicolás Soler propietario da empresa que visitamos, recibíunos o día 22 de Novembro na súa empresa Anclajes Marcelino para poder coñecer un pouco máis esta empresa e que nos explicase o verdadeiro funcionamento e utilidade do que fan.

Anclajes Marcelino, é unha empresa dedicada a facer proxectos que ninguén máis fai. Con isto referímonos a que, no entorno da construción, onde eles traballan, en concreto na seguridade desta fan proxectos coa fin de mellorar os métodos de seguridade e ademais e unha empresa innovadora xa que moitos dos proxectos que realizan non os realiza outra empresa pertencente a este sector.

É unha empresa pequena, micro-pimer(que é menos que unha empresa pequena), de carácter nacional e dicir que traballan no ámbito nacional, en España.

Dispón dun equipo formado de 4 traballadores de larga traxectoria no campo da prevención, do deseño e da fabricación de dispositivos de seguridade a súa medida con contratos indefinidos e estables.

Esta empresa dispón dun capital privado, o diñeiro, e pertence ao sector secundario (industria manufacturera) e ao subsector da construcción xa que, ofrece bens á seguridade das persoas como xa dixemos antes.

Esta empresa realiza as súas ventas en todo o territorio nacional aínda que están a facer unha incursión no estranxeiro en países como poden ser Polonia, Chile… Nicolás afirma que está deseando traballar máis veces no estranxeiro xa que quere que a súa empresa se expanda.

Anclajes Marcelino desenvolve as actividades económicas relacionadas coa fabricación na Provincia de Pontevedra e como factor productivo dispón do capital e así poder pagar aos provedores que lle suministran materiais para realizar os seus productos para despois vendelos.

Debido a que é unha empresa pequena dirixe as súas ventas ao mercado nacional, aínda que algúns productos están xa dirixidos ao internacional. Para incrementar as súas ventas utilizan métodos como a presenza nas redes sociais, a asistencia a feiras sectoriais,a publicidade impresa e un pouco de merchandising que consiste en establecer correcións ou novos desarrollos a un produto, unha vez que se atopa no mercado.

É unha empresa que non afecta ao medio ambiente polo feito de que o seu modelo de produción favorece ao desenvolvemento sustentable sin comprometer a capacidade de futuras xeracións. Esta empresa afecta a políticas nacionais. É unha empresa autónoma non ten ningunha relación con outras organizacións empresariais como dixo Nicolás van un pouco por libre. Os seus factores de localización son os factores humanos: man de obra.


IMG_6792.JPG
Este é o logo da empresa,
Anclajes Marcelino Documento Xeográfico das zonas onde Anclajes Marcelino a
traballado algunha vez.

O libro de texto e os documentos que nos facilitou a empresa

jueves, 24 de noviembre de 2016

SESIÓN 5

Esta semana visitamos a empresa e fixemos as preguntas estamos a elaborar a nosa reportaxe mediante a información obtida previamente e posteriormente, os documentos xeográficos que conseguimos na empresa e os que estamos a elaborar os nosos propios

jueves, 17 de noviembre de 2016

DESEÑO DA ENTREVISTA E POSIBLES PREGUNTAS

1
- A que ámbito pertence a vosa empresa? (nacional ou multinacional)
- De cantos traballadores dispón esta empresa?
- Quen é o propietario de esta empresa?
-  De onde proven o voso capital? (bens e dereitos da empresa)
- Como consideras que é esta empresa pequeña, mediana, grande ou multinacional?

2
- A que sector e subsector económico pertence a empresa?

3
- Cal é a vosa situación actual e desenvolvemento no mundo e en españa?

4
- Que actividades económicas desenvolve a empresa? Onde?
5
- Cales son os factores de localización?

6
- Que factores productivos precisais para o proceso de produción?

7
- A que mercado dirixides os vosos productos? (Rexional, Nacional, Internacional, Bolsa)


8
- Que métodos utilizades para incrementar as ventas? (publicidade)

9
- En que estabilidade laboral encontránse os vosos traballadores?

10
- O modelo de producción favorece ao desenvolvemento sustentable?


11
- Qué políticas económicas afectan a empresa? (Nacionais ou Europeas)

12
- Que relacións ten a empresa con outras organizacións empresariais?















SESIÓN 4

Durante esta sema estiven contactando coa empresa para puír os últimos detalles e deixar todos claro, realizei as preguntas que ímos empregar na nosa entrevista intentei atopar máis información da empresa pero no encontramos nada xa que case non hai información da nosa empresa xa que apenas hai información

jueves, 10 de noviembre de 2016

SESIÓN 3

Na sesión do mércores non pude facer nada xa que tiven que realizar un asunto que requixo toda a miña atención, o xoves escribín a empresa para informales do día que nos poderían acoller, busquei información, non nos deu tempo a buscar toda a información acabaremos a semana que ven dado que a empresa non nos recibe ata casa dentro de dúas semanas

INVESTIGANDO Á EMPRESA

NOME E TIPO DE EMPRESA:
Nome: Anclajes Marcelino.
Tipo: É unha empresa do sector terciario que dedícase a resolver as necesidades de aseguramento dos traballadores con risco de caida. É unha empresa de ámbito nacional. Hai determinadaos a aspectos que descoñecemos e lles preguntaremos na entrevista xa que na rede non atopamos esta información.

SECTOR ECONÓMICO E SUBSECTOR AO QUE PERTENCE A EMPRESA:
Esta empresa pertence ao sector terciario xa que produce bens, en este caso evita o risco de caída  que pode conlevar á morte.

SITUACIÓN ACTUAL E DESENVOLVEMENTO: